XUVENTUDE

Charla informativa sobre os trámites para obter unha experiencia profesional en Canadá

25/09/2014 A Embaixada de Canadá, en colaboración coa Concellería de Xuventude, organiza unha charla para informar os mozos e mozas de Santiago de Compostela sobre os trámites a seguir para obter unha experiencia profesional en Canadá. Celebrarase este venres 26 de setembro, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. Entrada libre ata completar aforo.

A iniciativa Experiencia Internacional Canadá está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que desexen obter unha experiencia laboral e cultural en Canadá: traballo en vacacións, novos profesionais, prácticas ou traballo de verán para estudantes. Dá a coñecer as ferramentas legais para que os mozos españois poidan ir a traballar a Canadá.

Compartir: