FESTAS

O traxe galego engalanou a cidade

20/07/2014 As Festas do Apóstolo tiveron nesta xornada de domingo unha das súas citas máis tradicionais, o Día do Traxe Galego, que alcanzou a súa XXXV edición.

O XXXV Día do Traxe Galego arrincou coa concentración de participantes na Alameda e co posterior desfile ata a praza do Obradoiro. Logo, a comitiva dirixiuse á Catedral para participar nunha misa, na que realizou a súa ofrenda ao Apóstolo. Tras o acto relixioso, os participantes foron recibidos polo alcalde compostelán, Agustín Hernández.

Xa pola tarde, concentración en San Domingos de Bonaval. Os participantes, ataviados co traxe galego, desfilaron pola tarde ata a Quintana, coa asistencia da concelleira de Festas, María Antón. No escenario desta praza celebrouse a exhibición e concurso de traxes e a posterior entrega de premios, presidida polo alcalde de Santiago. Tras a entrega dos galardóns anuais da Asociación do Traxe Galego, a xornada pechouse coa interpretación do Himno Galego.

Compartir: