ALCALDÍA

Recepción á Orde do Camiño de Santiago polo seu XVIII Capítulo Xeral

19/07/2014 A Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu XVIII Capítulo Xeral, como vén sendo tradicional, a fin de semana anterior ás Festas do Apóstolo.

Como parte dos actos previstos, os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, quen salientou o traballo promocional que da cidade de Santiago fai esta organización, integrada por un total de 994 membros de 25 países.

Posteriormente, os membros da Orde saíron do Pazo de Raxoi en peregrinación ata o monumento a San Francisco, onde realizaron unha ofrenda floral con motivo do 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

Os actos continuarán este domingo na localidade de Melide, a onde se trasladarán dende Santiago de Compostela.

Compartir: