EDUCACIÓN

Comeza o XIX Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca

24/04/2014 A Facultade de Educación acolleu esta mañá a primeira representación dunha cita xa clásica no calendario educativo que organiza a Concellería de Educación, na que estivo presente a súa concelleira, María Castelao.

Nesta ocasión serán 15 centros escolares de Santiago e comarca os que realicen os seus espectáculos, que poderán presenciarse nos institutos Rosalía de Castro, IES Arcebispo Xelmírez I e no CIFP Compostela, onde se representará a obra do IES de Oroso.

As obras destinadas a rapaces e rapazas de primaria, ESO e de Bacherelato comezaron na xornada de hoxe na Facultade de Educación e estrea correu da man do Grupo Máscara do CEIP López Ferreiro coa obra "O tío miseria". Seguíronlle o Grupo de Teatro do Colexio S. Jorge, o Centro de Enseñanza Duques de Lugo con "Catro esquiniñas de nada" e o CEIP Lamas de Abade con "Mamasiña que medo". Ao mesmo tempo no IES Arcebispo Xelmirez I o Grupo de Teatro do IES Pontepedriña interpretou "O soño dunha noite de verán"

MODIFICICACIÓNS NA PROGRAMACIÓN
Modificacións de datas e horas con respecto ao programa adxunto:

Nos grupos de primaria:
O centro Duques de Lugo actúa ás 11.30 h.
O centro San Jorge actua o martes 29 ás 11,00 h.
O centroLamas de Abade actúa o martes 29 ás 11,30 h

Nos centros de secundaria:
O grupo Rosalía 1 actúa o martes 29.
O grupo Rosalía 2 actúa o venres 25 .

Documentos relacionados



Compartir: