BENESTAR SOCIAL

Continúan as xornadas formativas sobre prevención e sensibilización contra a violencia de xénero

24/04/2014 O edificio Cersia segue acollendo as charlas informativas enmarcadas no III Plan de Igualdade. A concelleira María Castelao asistiu e participou no acto que organiza a Área de Benestar Social. As charlas comezaron o pasado día 10 de abril.

O inspector Luis Gil Gamallo, xefe da UPAP da Comisaría provincial da Coruña e o inspector José Carlos Noya Muñiz, xefe do grupo Operativo SAF da Comisaría local de Santiago de Compostela foron os protagonistas dunha xornada que comezou as 08:30 horas no edificio Cersia de San Lázaro e que en esta ocasión abordou a temática de Protocolos de Actuación das Forzas de Seguridade do Estado: SAF / UPAP.

Estas xornadas buscan fomentar a reflexión e motivación dos profesionais con ámbito de actuación no municipio de Santiago sobre un tema tan sensible como a violencia de xénero.

O próximo día 29 remata o mes de abril cunha confrencia sobre o papel do home como suxeito da violencia de xénero a cargo do psicólogo Rubén Villar Trenco e para maio, os días 8, 15, 20 e 27 as novas charlas centraranse respectivamente na configuración das políticas de igualdade e visibilización da violencia de xénero; na violencia de xénero no ámbito xudicial galego; nas vítimas; e na violencia de xénero no eido da saúde.

As xornadas rematarán en xuño os días 5, 12 e19 con novas formas de relación entre mozos e mozas no sistema educativo; a Xunta de Galicia: Recursos básicos e novidades e xustiza e familia: garda e custodia

Compartir: