EMPREGO
O FIE 2014 integrará un amplo programa de actividades centradas na mellora das competencias e a cualificación profesional dos asistentes, así como unhas xornadas técnicas sobre inserción laboral 2.0 e diversos encontros concertados entre máis de 20 empresas e demandantes de emprego. Firmas tan importantes como Carrefour, Leroy Merlin, Citröen-Peugeot ou Ikea tomarán parte nestas presentacións.
Entre as grandes novidades desta edición desenvolverase unha actividade denominada ‘Centro de Recursos para o Emprego’, que terá como obxectivo coñecer as claves dun proceso de selección para poder afrontalo con maiores posibilidades de éxito. As persoas que se inscriban a partir de hoxe luns a través da web da Axencia Local de Colocación, http://axencialocaldecolocacion.org/ poderán participar na simulación práctica dun proceso de selección estruturado en sete pasos.
Durante os dous días do FIE tamén se levarán a cabo unhas xornadas centradas de xeito específico na versión online da busca de emprego e no mercado laboral 2.0. Co título de "Xornadas técnicas no marco do Pacto Local polo Emprego sobre inserción laboral e recrutamento 2.0", este programa reunirá a destacados bloggers e expertos na materia que informarán aos asistentes sobre a utilidade práctica das redes sociais.
No Pazo de Congresos de Santiago haberá tamén unha área multimedia para a activación de usuarios na Axencia Local de Colocación, diversos puntos de asesoramento e orientación, así como unha zona para a entrega de currículos en formato dixital, atendida por persoal especializado e equipada con 20 terminais de acceso exclusivo a plataformas online de máis de 40 empresas, onde os participantes poderán inscribirse en ofertas de emprego específicas.
Ata 45 actividades compoñen o programa de cursos formativos certificados e obradoiros prácticos. Con propostas como 'Recoñecemento da experiencia profesional', 'Trámites legais para o bo funcionamento dun negocio de hostelería' ou 'Os certificados de profesionalidade. Que son, como se obteñen, requisitos de acceso’, este programa pretende axudar aos participantes a aumentar as súas competencias e cualificacións profesionais e informalos sobre os recursos e as ferramentas máis útiles na busca de emprego.
O acceso ao recinto do Foro da Intermediación e o Emprego é libre e gratuíto para todas as persoas interesadas. Os asistentes atoparán no Hall principal do Pazo de Congresos unha zona de stands informativos da Axencia Local de Colocación e as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela.
A Axencia Local de Colocación é un servizo dependente da Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, que ten a misión de apoiar a dinamización do mercado de traballo local a través da promoción de oportunidades e capacidades para a inserción de desempregados e a intermediación laboral. Ao longo de todo o ano desenvolve programas de apoio ao emprego e presta servizos de colocación, orientación laboral, axuda á busca de emprego, recrutamento, selección e formación para o emprego.
O Foro de Intermediación e Emprego ofrece un programa con máis de 40 actividades formativas
21/04/2014 As Xornadas técnicas 2.0 estarán impartidas por destacados bloggers e expertos en ferramentas online de busca de emprego. Entre as novidades deste ano haberá unha actividade de simulación práctica dun proceso de selección cuxo prazo de inscrición se abre hoxe.
O xoves 24 e o venres 25 de abril o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia acollerá o Foro da Intermediación e o Emprego, unha iniciativa da Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo de Santiago de Compostela que volve un ano máis tras acadar resultados moi satisfactorios en edicións pasadas.O FIE 2014 integrará un amplo programa de actividades centradas na mellora das competencias e a cualificación profesional dos asistentes, así como unhas xornadas técnicas sobre inserción laboral 2.0 e diversos encontros concertados entre máis de 20 empresas e demandantes de emprego. Firmas tan importantes como Carrefour, Leroy Merlin, Citröen-Peugeot ou Ikea tomarán parte nestas presentacións.