CENTROS SOCIOCULTURAIS

A 32ª edición do Festival Outono Fotográfico abre o seu prazo de inscrición

16/04/2014 A Concellaría de Centros Socioculturais informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na 32ª edicción do Festival Galego de Fotografía, Outono Fotográfico, que se celebrará nos meses de outubro, novembro e decembro e que terá repercusión como outros anos nos centros socioculturais de Santiago, que exporan como outras salas e entidades colaboradoras en toda Galicia, os traballos artísticos seleccionados.

Serán novamente os centros socioculturais de Vite, As Fontiñas, Castiñeiriño, Santa Marta, O Ensanche, A Trisca e a Casa das Asociacións de Cornes as sedes expositivas da nova edición do Outono Fotográfico.

As/os autoras/oa interesadas/os en participar nesde edición do Outono Fotográfico teñen de prazo para inscribirse ata o 15 de xullo de 2014.

O festival OF compónse de tres seccións: a sección oficial na que o festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafos de Galicia xa falecidos. Este ano como novidade haberá unha temática proposta para os traballos: Identidade/Alteralidade.

Toda a información e as bases de participación atópanse na páxina oficial do O.F. www.outonofotografico.com. A Concellaría de centros socioculturais anima aos autores locais a participar neste festival xa consolidado e de importante sona que novamente terá repercusión na nosa cidade no mes de novembro de 2014.

Compartir: