DEPORTES

O Pazo de Raxoi recibe a selección de fútbol sala de Vietnam

14/04/2014 O alcalde de Santiago, Ángel Currás, recibiu os xogadores vietnamitas que desputarán esta tarde un partido amistoso contra o Santiago Futsal. A entrada será gratuita e haberá inchables do Multixogo.

Esta tarde as 17:30 horas o Multiusos Fontes do Sar acollerá o partido entre a selección de Vietnam e o Santiago Futsal, unha semana despois de que o equipo compostelán recibira á selección de Xapón. Na recepción, o alcalde lembrou que o fútbol sala é un dos deportes máis practicados e a visita de xogadores é unha forma de fomentar o turismo a Santiago.

O cambinado vietnamita dirixido polo galego Bruno García, atópase en plena xira por España e Galicia preparando o Campionato de Asia que se xogará en Vietnam do 28 de abril ó 11 de maio.

Aproveitando o inicio das vacacións de Semana Santa, trátase dunha boa oportunidade para que os máis pequenos e os seus pais disfruten dunha xornada futbolística que contará cos inchables do Multixogo no hall do Multiusos.

A entrada gratuita será un aliciente máis para que os asistes desfruten dunha gran xornada de ocio.

Compartir: