EDUCACIÓN

Continúa aberto o prazo para participar no programa de conciliación da Semana Santa

11/04/2014 O Departamento de Educación do Concello de Santiago organiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2014 que comprende unconxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP As Fontiñas, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio.

Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun apoio e recurso para as familias no tempo de vacacións.

Está destinado a nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Desenvolverase durante o período de vacacións escolares de Semana Santa, incluíndo as seguintes datas: 14, 15,16 e 21 de abril de 2014. O horario será de 9 a 14 horas aínda que tamén se ofrece a posibilidade de que as
familias poidan solicitar un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9 horas) e un servizo de comedor (das 14 ás 16 horas).

Se algunha familia presentou a solicitude fóra do prazo establecido ou non figura na listaxe debe personarse o día indicado para regularizar a súa participación. Así mesmo, se algunha familia quere inscribir algún neno ou nena neste programa pode formalizar a súa participación o luns,
día 14, ao longo da mañá no propio centro educativo.

Documentos relacionados



Compartir: