RELACIÓNS VECIÑAIS

Primeira reunión do Consello de Relacións Veciñais trala renovacións dos seus membros

26/03/2014 Tralas eleccións, o Consello de Relacións Veciñas ponse en funcionamento cunha xuntanza no pazo de Raxoi presidida polo edil Francisco Noya. Por terceiro ano foron consensuadas as actividades a desenvolver despois de facilitar o concelleiro copia do orzamentos de relacións veciñais aos asistentes.

O concelleiro delegado da Área de Participación Cidadá, Francisco Noya Iglesias, trala finalización do proceso de eleccións ao Consello de Relacións Veciñais celebrado en decembro de 2013 e proclamación da lista de candidatos electos, retoma o traballo do Consello, convocando unha primeira xuntanza cos novos representantes: Teresa Barral Ameigeiras (A.VV. As Brañas de Andrés), Germán Hermida Noval (A.VV. Monte do Gozo), Alexandre Quiñoá Casteleiro (A.VV. de Pontepedriña), Juan José Álvarez Carril (A.VV. de Sar), Mª Jesús Chenel Blanco (A.VV. de A Gracia) e José Cebey Aldrey (A.VV. Coto da Nai).

Tamén terá lugar o acto de despedida dos ata o de agora membros do Consello. A continuación o concelleiro, dará inicio á primeira xuntanza cos novos membros, informando sobre os orzamentos de 2014 para o departamento de relacións veciñais, así como das diferentes programacións previstas: subvencións ás asociacions veciÑais, axudas para montaxe de carpas, excursións das asociacions de veciños do rural, entre outras.

Compartir: