EDUCACIÓN

O Concello investirá 21.079 euros en reparacións no CEIP Monte dos Postes

17/02/2014 A Concellería de Educación vai acometer reparacións urxentes no CEIP Monte dos Postes, que suporán un investimento de 21.079 euros. As obras consistirán fundamentalmente na reparación dun canlón e dos canos das fiestras, resolvendo o problema da entrada de auga en diferentes estanzas do edificio.

Un dos traballos será a limpeza do canlón oculto existente, atascado por vexetación, escombros e tellas desprendidas. Ademais, colocarase un calón e unha baixante de aluminio, que permitirá unha evacuación axeitada das augas pluviais, que agora caían directamente sobre a fachada.

Por outra parte, colocaranse canos de aluminio na soleiras das fiestras da fachada lateral esquerda, selando o perímetro das ventás, impedindo así a entrada de auga polas gretas das devanditas soleiras.

Compartir: