CENTROS SOCIOCULTURAIS

Unha viaxe a Ourense e Allariz abre a edición 2014 do programa "Imos de excursión"

15/02/2014 A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo de inscrición o martes 18 de febreiro, ás 17:00 horas, para a primeira das excursións do programa municipal Imos de excursión.

A primeira das propostas do programa leva por título "Galicia lendas" (Ourense - Allariz) e desenvolverase o domingo 9 de marzo. A excursión levará os participantes a coñecer Ourense -a través dunha visita guiada- e a vila de Allariz, accedendo ao Museo do Xoguete e ao Real Mosteiro de Santa Clara.

A excursión ten un prezo de 22 €, que inclúe transporte, seguro, guía, xantar e entradas aos espazos visitados. Información e inscrición nos centros socioculturais.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: