XUNTA DE GOBERNO

A pista de xeo instalada na Alameda continuará aberta ata o 16 de febreiro

30/01/2014 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria semanal, autorizou unha prórroga da instalación e explotación da pista de patinaxe sobre xeo na Alameda.

Esta posibilidade de prórroga, segundo explicou a voceira da Xunta de Goberno, María Pardo, xa estaba contemplada no prego de cláusulas administrativas. Acordouse a autorización á vista da alta afluencia que segue a ter o recinto e de que aínda quedan algúns colexios por pasar polo mesmo.

O prezo das entradas oscila entre os 4 euros da entrada para escolares ata os 10 euros da entrada xeral con patíns e sen límite de tempo. Os asistentes contan tamén con promocións coma a cartilla "Aquí tes 10 € para patinar", con descontos para os que máis patinen, e o bono "Non fagas colas" con 4 entradas sen límite de tempo e sen facer cola por 30 €.

Tamén hai un "Bono Familiar" que inclúe dúas entradas para adultos a 6,50 por persoa e pases a 4,50 para os máis cativos.

Reservas para visitas de centros escolares e grupos: teléfonos 881 897 790 e 699 811 705 e reservas@invernalia.com.

Documentos relacionados



Compartir: