Xoves 29 de xaneiro 2015

Axenda

"Espazos compartidos. Cines e vidas", mostra fotográfica de Compostela Cine Classics

Unha exposición conformada por 15 fotografías seleccionadas das concorrentes no concurso promovido pola edición deste ano do Compostela Cine Classics, pecha a programación sociocultural deste proxecto,

A exposición recolle as impresións dos distintos autores sobre o cine nas súas vidas, os seus recordos e o que o cine representa para eles. Os traballos seleccionados son os seguintes: "Voltaremos", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Días de choiva", de Ana Valado; "Personaxe misteriosa", de José Alberto Pedrido Guldrís; "Novembro en Compostela" de María Munín González; "Outro Cinema Paradiso", de Jorge Juan; "Redescubrindo a Sala Yago", de Yolanda Atararxia; "Fuga en vermello", de Javier Grixo; "Godard", de Ana Gontad; "I love cine", de Peibol; "Safety curtain", de Valeria; "A taquilla do Colón", de Tania F.; "Con faldas y a lo loco en San Martiño Pinario", de María Munín González; "A derradeira carteleira dos cines Valle-Inclán", de María Munín Gonzalez; "Primer plano", de José Mª Lamas; e "Expo cine", de Lora B.

Do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Lo real", intervención de María Castellanos Vicente na Zona C

María Castellanos Vicente (Xixón, 1985), indaga en Lo real acerca da percepción. Formalmente, concibe unha instalación cunha parede chea de espellos aparentemente normais e sitúa no centro da sala un monitor no que o público se vai atopar coa cita do filósofo francés Jean Baudrillard: "O real xa non é aquilo que se pode reproducir, senón o reproducido’. A frase só se pode ver a través do monitor, que reproduce a tempo real o que unha cámara situada na sala está a capturar".

Ata o domingo 1 de febreiro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Xulio Maside

Unha exposición que reivindica a figura de Xulio Maside no contexto da historia da arte en Galicia das últimas décadas. Aínda que nacido en Vigo en 1933, Xulio Maside vive en Compostela, na casa familiar da rúa do Vilar, cando era un neno e alí convive con Carlos Maside, o seu tío e figura imprescindible da arte. Seguro que de aí nace a súa inquietude e curiosidade pola arte.

Ata o 8 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Schumann, concerto para violoncello coa Real Filharmonía e Guillermo Pastrana

Considerada unha das obras mestras de madurez e unha das súas últimas grandes obras importantes, Schumann compuxo o seu concerto para violoncello nun dos últimos produtivos períodos de felicidade que lle permitiu a súa enfermidade mental. Este concerto exemplifica a máxima de Schumann de fuxir da simple escritura virtuosísima para lucimento dos solistas tan á moda e ir un pouco máis alá.

O xoves 29 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Pedro Neves dirixe á Real Filharmonía de Galicia

Pedro Neves dirixe a Real Filharmonía de Galici, nun concerto que no que Javier Simó, músico da RFG, sera solista interpretando o Concerto para trompreta en Re maior de Bach. Completan o programa a Abertura L'Hotellerie Portugaise, de Cherubine, e a Sinfonía núm. 2 de Beethoven.

O venres 29 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: