Mércores 23 de outubro 2019

Axenda

Mostra do XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

A undécima convocatoria do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega á sala Isaac Díaz Pardo as obras que un xurado experto vén de seleccionar de entre os 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antón Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: