Xoves 13 de agosto 2020

Axenda

Festival C: programación cultural do mes de agosto

O Festival C reúne arredor de medio cento de actividades de música, circo, poesía e artes escénicas e visuais.

Durante o mes de agosto, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Territorio Xogantín: mañás de xogo na praza do 8 de Marzo

Un ano máis, a Concellaría de Políticas Lingüísticas propón tomar as rúas, as prazas e os parques para enredar libremente no Territorio Xogantín que ofrece Santiago de Compostela.

Do 3 de agosto ao 4 de setembro, de luns a venres, na praza do 8 de Marzo.

Axenda

O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell

O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside. .

Ata finais de ano, na Fundación Granell.

Axenda

"Des_facendo o xénero (a través da arte)" na Casa do Cabido

Esta exposición colectiva e interdisciplinar artéllase sobre a idea das identidades de xénero como construción social e sobre os mecanismos que pode aportar a creación artística para romper con elas. Amósase a obra plástica (pintura, debuxo, escultura, fotografía…) de dez artistas: Óscar Aldonza, Xoana Almar, Thomas Apostolou, Belén Chorén, María Eiras, Carlota de Leal, Pablo Martínez, Monica Mura, João Pires e Neves Seara. E os textos literarios de tres escritoras: Alicia Díaz, Silvana Lameiro e Patricia Meira.

Ata mediados de setembro, na Casa do Cabido

Axenda

"Viae Ad Limina Sancti Iacobi", mostra no Museo das Peregrinacións e de Santiago

Viae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada.

Ata o 31 de outubro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López", mostra na Fundación Eugenio Granell

Proxecto expositivo que afonda na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Do 9 de xullo ao 20 de setembro, na Fundación Eugenio Granell.

Axenda

"Domingo de Andrade: xenio e oficio", na Alameda

24 paneis onde se mostra, con imaxes fotográficas, planos e textos, a traxectoria de Domingo de Andrade en diversas localidades de Galicia.

Ata o 16 de agosto, no parque da Alameda.

Compartir: