Domingo 28 de xuño 2020

Axenda

"Prima20", a festa do comercio local: do 25 ao 28 de xuño

Cinco xornadas cheas de actividades, para as que hai que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos.

Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo, en varios espazos da cidade.

Axenda

"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio

Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.

Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Olladas sobre Compostela, un percorrido sen saír da casa

Turismo de Santiago convida a percorrer a cidade sen saír de casa a través das miradas de produtores e creadores de diversas partes do mundo recollidas na súa sección de Vídeos.

Ata finais de xuño.

Axenda

Compostela Diversa (domingo 28 no Teatro Principal)

Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, evento a porta pechada que inclúe un debate, a presentación dunha peza audiovisual e varias propostas artísticas. Pode seguirse en directo por streaming a través da canle municipal en YouTube.

O domingo 28 de xuño, ás 18:00 h, no Teatro Principal.

Axenda

O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell

O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside. .

Ata finais de ano, na Fundación Granell.

Compartir: