Sábado 19 de outubro 2019

Axenda

"Los limones, la nieve y todo lo demás", por Matarile

Mónica García e Ana Vallés crean e interpretan "Los limones, la nieve y todo lo demás".

O sábado 19 de outubro, ás 21:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: