Martes 20 de novembro 2018

Axenda

Cineuropa 32 (do 7 ao 28 de novembro)

Compostela acolle a trixésimo segunda edición do festival Cineuropa, con ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións.

Do 7 ao 28 de novembro nas sedes do festival: Teatro Principal, Salón Teatro, Afundación, Numax, Auditorio de Galicia, Multicines Compostela, Sala Agustín Magán e Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Híbrido", de Aarón Sanromán, na Zona C

Seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta Híbrido, un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica.

Do 3 de outubro ao 9 de decembro, na Zona C.

Axenda

"Con Galiza sempre no horizonte", no Colexio de Fonseca

Comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, a mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela repasa, con información gráfica e documental, a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936).

Do 9 de outubro ao 30 de novembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: