Xoves 24 de maio 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía

Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por Edmon Colomer. Ao piano estará Fazil Say.

T. Marco, Espejo velado.
C. Saint-Saëns, Concerto para piano núm. 2 en sol menor, op. 22 J. Brahms, Serenata núm. 1 en Re maior, op. 11

Axenda

La Habitación Roja en concerto

Concerto de La Habitación Roja, que presentan o seu novo disco Fue Eléctrico dentro do ciclo Compostela Rock.

O xoves 24 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: