Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha Xornada Micolóxica, organizada pola Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo.
A partir das 9:45 horas, sairá do CSC de Conxo un roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio, guiado por José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo. Xa pola tarde, ás 18:30 horas, o mesmo José María Costa impartirá a conferencia Setas de primavera: Ascomycetes.
Os interesados en participar poden apuntarse no propio Centro Sociocultural de Conxo. Telefono 981 52 8740.
Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[28/04/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
[28/04/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.Axenda
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
[28/04/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.Axenda
A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.
[28/04/2012 19:30] Todas as representacións na Zona C:Axenda
Provisional Danza representa Ni ogros ni princesas, con coreografía e dirección de Carmen Werner.
[28/04/2012 21:00] O sábado 28 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.