Venres 27 de abril 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

"Será o meu propio paraíso"

A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.

Todas as representacións na Zona C:

- O sábado 14 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 15 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 22 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 26, o venres 27 e o sábado 28 de abril, ás 20.30 horas.
- O domingo 29 de abril, ás 19:00 horas.

Axenda

Proxección de "West Side Story" e coloquio con café »

O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta West Side Story, de Robert Wise e Jerome Robbins, 1961. E a continuación, coloquio con café acompañados por Patricia Álvarez Caldas, blogueira e experta en musicais. Entrada de balde ata completar aforo.

O venres 27 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

The Free Riders e Free Lance no ciclo de concertos sen alcohol "MusiCompostela"

Cuarta entrega do ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.

MusiCompostela continúa coa actuación dos grupos The Free Riders e Free Lance, con entrada de balde. Seguirán outros tres concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

O venres 27 de abril, ás 22:00 horas, na Sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25.

Compartir: