Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda
Compartir:

Axenda
Sábado 21 de abril 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

[21/04/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

[21/04/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

[21/04/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.


Axenda

"Será o meu propio paraíso"

A compañía Ars Artis representa Será o meu propio paraíso, dirixida por Lucas Herrador (autor) e Olga Abad.

[21/04/2012 19:30] Todas as representacións na Zona C:

- O sábado 14 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 15 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 19, o venres 20 e o sábado 21 de abril, ás 20:30 horas.
- O domingo 22 de abril, ás 19:30 horas.
- O xoves 26, o venres 27 e o sábado 28 de abril, ás 20.30 horas.
- O domingo 29 de abril, ás 19:00 horas.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal