Venres 13 de abril 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

Proxección de "O falcón maltés" e coloquio con café

O ciclo Compostela Cine Classics'12, programado pola Concellería de Centros Socioculturais, proxecta O falcón maltés, de John Huston, 1941. E a continuación, coloquio con café acompañados por Camilo Franco, crítico de cine e cronista cultural de La Voz de Galicia. Entrada de balde ata completar aforo.

O venres 13 de abril, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"El testigo", con Rafael Álvarez "El Brujo"

Rafael Alvarez "El Brujo" interpreta a adaptación teatral da obra de Fernando Quiñones El testigo, na que se traza a biografía de Miguel Pantalón, imaxinario cantaor gaditano xenial, irreverente e inconstante.

O venres 13 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto de The Bright

Concerto de The Bright dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

O venres 13 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C.

Axenda

Manolo e Fillos e Mayu no ciclo de concertos sen alcohol "MusiCompostela"

Terceira entrega do ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.

MusiCompostela continúa coa actuación dos grupos Manolo e Fillos e Mayu, con entrada de balde. Seguirán outros catro concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.

O venres 13 de abril, ás 22:00 horas, na Sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25.

Compartir: