Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Axenda

Axenda
Sábado 3 de marzo 2012

Axenda

Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

Exposición da sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, na que se poden ver as obras de 40 artistas seleccionados de entre todos os que se presentaron. Asentados e moi queridos dentro do panorama artístico galego, os Premios nesta edición estiveron dirixidos aos nados en Galicia e aos residentes menores de 40 anos a 31 de decembro de 2011.

[03/03/2012 10:00] Ata o 4 de marzo, no Auditorio de Galicia.


Axenda

Concerto familiar: "A Berenguela"

A compañía A Xente das Palabras trae ao Principal un concerto familiar baixo o título de A Berenguela, destinado a rapaces de entre 4 e 10 anos. Trátase dunha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María.

[03/03/2012 19:30] O sábado 3 de marzo, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.


Axenda

"Nya. Díptico para 9 bailaríns"

O Ballet Contemporáneo de Arxel (Arxelia) coa compañía La Baraka (Francia) presentan Nya. Díptico para nove bailaríns, espectáculo que inclúe O Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi, nunha visión coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa.

[03/03/2012 21:00] O sábado 3 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.



Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal