Luns 1 de xullo 2019

Axenda

IX Festival Internacional Peregrinos Musicais

A música clásica volve soar con forza e máximo esplendor grazas á IX edición do Festival Internacional Peregrinos Musicais.

Do 28 de xuño ao 3 de xullo, en diferentes espazos.

Axenda

Exposición na Zona C: "Illas Desertas", de Roi Fernández

Illas Desertas visibiliza a homes e mulleres que decidiron habitar as marxes, fóra dos parámetros establecidos pola sociedade.

Do 26 de xuño ao 18 de agosto, na Zona C.

Axenda

"Compostela monumental", debuxos de Andrés Freire Conde

Compostela monumental son un total de 36 debuxos de gran tamaños realizados por Andrés Freire Conde que amosan a arquitectura da cidade histórica de Santiago.

Ata xullo, na Casa do Cabido.

Axenda

"Pouco a pouco", de Ângela Ferreira, no CGAC

Dende o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano.

Do 21 de xuño ao 29 de setembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: