Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Axenda
Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....
[21/04/2011 10:00] Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".Axenda
Diabolus in Musica (Francia)
Antoine Guerber, director
SURSUM CORDA ! Les chants de la lumière:
Ecole de Notre-Dame (1170-1240)
Axenda
Hilliard Ensemble (Inglaterra)
Christopher Bowers-Broadbent, director
Passio Domini nostri Jesu Christi secundum Joannem: Arvo Pärt
Axenda
A Concellaría de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións a exposición Pingas, na que o artista compostelán Manoel Bonabal amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia.
A mostra enriquecerase tamén coas achegas colectivas da obra dos participantes nun taller de gravado no que poderán participar de balde oito asistentes (de balde). Faranse fundamentalmente xilografías aditivas, se ben puntualmente, se o tempo o permite, se realizará algunha intervención en augaforte. Disporase de tórculo, pranchas de linóleo, gubias, rodillos, etc. Os asistente deberán traer unha bata ou roupa para traballar (tintas). No caso de contar con algunha gubia de xilografía, ou material de gravado, agradécese traelo. O taller poderase prorrogar á semana seguinte de interesar aos participantes.
Axenda
A exposición A memoria da xente segue a súa andaina polos barrios composteláns no CSC de Vite. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.
[21/04/2011 22:00] Do 19 de abril ao 4 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.Axenda
Con A de Astrónomas é unha historia que empeza hai miles de anos, quizáis centos de miles, cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.
[21/04/2011 22:00] Do 7 ao 23 de abril, no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.Axenda
O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.
[21/04/2011 22:00] Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.Axenda
Nouredine Khourchid & Derviches de Damasco (Siria) Music and mystical rituals
[21/04/2011 23:30] O xoves 21 de abril, ás 23:30 horas, na igrexa da Universidade.
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.