Venres 16 de agosto 2019

Axenda

Feito a Man (do 1 ao 21 de agosto)

Case 50 espectáculos e máis de 35 bandas e/ou artistas nunha nova edición do festival Feito a Man.

Do 1 ao 21 de agosto, en diferentes espazos da cidade histórica.

Axenda

Exposición na Zona C: "Illas Desertas", de Roi Fernández

Illas Desertas visibiliza a homes e mulleres que decidiron habitar as marxes, fóra dos parámetros establecidos pola sociedade.

Do 26 de xuño ao 18 de agosto, na Zona C.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada I", na Casa do Cabido

Catro fotógrafos -Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz- amosan a súa particular visión da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.

Ata outubro, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Verán en Belvís: rutas botánicas, obradoiros e mostra sobre o cambio climático

O Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX) acolle durante o verán actividades para todos/as.

De luns a venres, ás 11:00 horas.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

"Sonoro empeño", a relación entre a música e as artes plásticas

Esta mostra forma parte do proxecto cultural Sonoro empeño. Nela poderedes atopar pezas de arte fundamentais de autores como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho, Xaime Quessada, etc.

Ata o 15 de setembro, no Centro Abanca Obra Social.

Axenda

"Pouco a pouco", de Ângela Ferreira, no CGAC

Dende o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano.

Do 21 de xuño ao 29 de setembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: