Domingo 27 de octubre 2019

Axenda

"12 doces de outono": artes escénicas + gastronomía

Nova edición de 12 doces do outono, unha aposta pola programación familiar que xunta as artes escénicas coa gastronomía propia da estación.

Os domingos 27 de outubro e 3, 10 e 17 de novembro, nos centros socioculturais.

Axenda

Banda Municipal: concerto polo 30 aniversario do Auditorio de Galicia

A Banda Municipal súmase ás celebracions do 30 aniversario do Auditorio xuntando a varias bandas da comarca.

O domingo 27 de outubro, ás 18:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A paisaxe e a súa pegada II", exposición na Casa do Cabido

Visión que catro fotógrafos/as -Andrea Costas, Eva Díez, Denís Estévez e Xoán Soler- sobre a paisaxe do Camiño e da cidade.

Ata finais de decembro, na Casa do Cabido.

Axenda

Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.

Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"

A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.

Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.

Axenda

Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell

Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.

No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.

Compartir: