Xoves 9 de xullo 2020

Axenda

"Liberto", de Marelas Producións, no Teatro Principal (9/10 xullo)

Liberto é un canto á vida, teatro con música en directo que mestura realidade e ficción.

O xoves 9 e o venres 10 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995", mostra no Auditorio

Percorrido polo deseño gráfico que serviu para envolver e comercializar a nosa música.

Ata o 26 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto do grupo de vento, madeira e percusión da Banda

Concerto do grupo de vento, madeira e percusión da Banda Municipal, dentro do seu Ciclo de Música de Cámara.

O xoves 9 de xullo, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.

Axenda

O legado de Carlos Maside, na Fundación Eugenio Granell

O Concello de Santiago e a Fundación Eugenio Granell acollen as obras do Legado Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, coa mostra Carlos Maside. .

Ata finais de ano, na Fundación Granell.

Axenda

Toda a programación do Apego do mes de xullo

O programa Apego ofrece durante o mes de xullo un completo calendario de propostas para os máis cativos e cativas.

Durante o mes de xullo, en varios espazos.

Axenda

Festival USCénica 2020: do 1 ao 18 de xullo

A USC desenvolve o seu festival de artes escénicas, cunha ampla programación que inclúe danza, música e teatro.

Do 1 ao 18 de xullo, en varios espazos.

Axenda

"Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López", mostra na Fundación Eugenio Granell

Proxecto expositivo que afonda na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicaría a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminaría en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña.

Do 9 de xullo ao 20 de setembro, na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: