Martes 13 de noviembre 2018

Axenda

Cineuropa 32 (do 7 ao 28 de novembro)

Compostela acolle a trixésimo segunda edición do festival Cineuropa, con ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións.

Do 7 ao 28 de novembro nas sedes do festival: Teatro Principal, Salón Teatro, Afundación, Numax, Auditorio de Galicia, Multicines Compostela, Sala Agustín Magán e Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Talentia 2018: Espazo aberto polo emprego (13 e 14 de novembro)

Nace en Compostela como un novo espazo aberto polo emprego. Encontro, diálogo e reflexión sobre proxectos no ámbito do emprego en Santiago.

Os días 13 e 14 de novembro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Axenda

Exposición "A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario"

A mostra divídese en 5 partes que repasan as diferentes etapas da agrupación, unha das máis antigas do panorama nacional.

Ata mediados de novembro, na Casa do Cabido.

Axenda

"Híbrido", de Aarón Sanromán, na Zona C

Seleccionado na modalidade de proxectos de intervención artística, na convocatoria de propostas de selección en artes visuais para a Zona "C", o artista Aarón Sanromán presenta Híbrido, un proxecto colaborativo que unifica a paisaxe natural e a dixital para reivindicar a memoria xeográfica.

Do 3 de outubro ao 9 de decembro, na Zona C.

Axenda

"Con Galiza sempre no horizonte", no Colexio de Fonseca

Comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, a mostra Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela repasa, con información gráfica e documental, a actividade vital e artística dos 16 anos que pai e fillo viviron en Santiago (1920-1936).

Do 9 de outubro ao 30 de novembro, no Colexio de Fonseca.

Axenda

"Territorios de intimidade", mostra no Auditorio de Galicia

A exposición Territorios de intimidade trata non só de seguir poñendo en valor as creadoras galegas que traballaron durante os anos do franquismo, senón achegar novas perspectivas temáticas desde as que analizar as súas obras.

Do 24 de outubro ao 3 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Camiñantes", de Tino Martínez, no Museo das Peregrinacións

Unha mostra do fotógrafo Tino Martínez na que o peregrino deixa de ser por un momento un anónimo camiñante e se converte nun protagonista do Camiño.

Ata o 30 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell

A Fundación Granell segue acollendo diversas exposicións permanentes e temporais abertas ao público.

Na Fundación Eugenio Granell.

Compartir: