Axenda
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
[04/05/2012 10:00] Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.Axenda
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
[04/05/2012 10:00] Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.Axenda
A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, celebra a súa semana oficial. Ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, conta con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado é Romanía.
[04/05/2012 10:00] Do 2 ao 12 de maio, en diversos espazos da cidade.Axenda
A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.
[04/05/2012 16:00] Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.Axenda
Espectáculo de Dúo Cobra dentro do ciclo Compostela Rock e enmarcado no festival Curtocircuíto. Presentan a peza Papel Médium.
[04/05/2012 21:00] O venres 4 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.Axenda
O coro Capela Compostelana, baixo a dirección de Miro Moreira, interpreta Carmina Burana’(Carl Orff, 1895-1982). As entradas para o concerto, a un prezo de 12 €, están xa á venta na billeteira do Teatro Principal que abre de martes a sábado de 18.00 a 21.00 h. Ademais, poderán mercarse tamén o propio día do evento na billeteira do Auditorio de Galicia desde as 18.00 h e ata que comece.
O Coro Capela Compostelana estará acompañado no escenario polos pianistas Juan Manuel Varela Louro e Nicasio Gradaille e por un conxunto de percusión formado por Ramón Castro Ferro, Javier Gómez Arias, José Varela Santalla, Marcos Vázquez Rodríguez e Diego Ventoso Fernández. Os solistas vocais serán Aída López, soprano; Lluis Sintes, barítono e Martín Viaño, contratenor.
Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.