O Concello de Santiago quere achegarse aos cidadáns mediante a utilización das novas tecnoloxías da información e da comunicación co fin de garantir o mantemento dunha xanela aberta de forma permanente aos servizos e recursos que ofrecen os departamentos municipais.

A axilización da tramitación de expedientes, a inmediatez da información e a difusión do labor realizado polo Goberno municipal son algunhas das principais vantaxes dos novos sistemas de comunicación abertos á participación da cidadanía, que pode realizar as súas xestións dende calquera lugar sen ter que desprazarse fisicamente ata as oficinas correspondentes.

Santiago súmase así aos avances da administración electrónica cun persoal cualificado e iniciado no manexo das novas tecnoloxías cos obxectivos de optimizar os recursos e de implementar os servizos destinados a mellorar a calidade de vida.
Compartir: