Histórico de convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos para solicitar subvencións e as convocatorias de emprego público mediante probas de acceso ou de promoción interna. Publícase tamén a información sobre eventos municipais de cara a difusión das convocatorias.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

XIV Premio Manuel Beiras

Descrición: A Concellería de Normalización Lingüística e a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras. O certame, organizado nesta ocasión pola Cámara de Comercio, recoñece o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán. Recibiu a Medalla de Ouro da cidade pola súa contribución cultural, un exemplo de compromiso colectivo dende o sector socieconómico.

Finalidade: Calquera empresa ou comercio que estea radicado no municipio de Santiago pode optar ao premio. Poden propoñelo os seus representantes ou propietarios ou tamén pode suxerilo calquera persoa ou entidade que o considere merecente deste galardón.

As bases do premio diferencian dúas categorías: empresas que veñen utilizando o galego de maneira continuada e empresas que galeguizaron recentemente a súa comunicación (porque son de nova creación ou porque mudaron os seus usos hai pouco tempo). O xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade que contribuíra significativamente á normalización lingüística no ámbito empresarial.

Prazo: Para formular as propostas de candidatura chega con comunicalo ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.gal / 981 542 409) ou ao Departamento de Comunicación da Cámara de Comercio (981 596 800) antes do 29 de novembro.

Información e documentación: A distinción consiste nunha escultura creada polo artista Acisclo Manzano que se lles entregará ás empresas galardoadas nun acto que se celebrará no Concello o 12 de decembro. As empresas e comercios premiados poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste galardón como unha garantía máis de que respectan o idioma da comunidade.

Direccións relacionadas

DEPROTES

Convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2013

Descrición: Esta convocatoria ten por obxecto a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, non mercantís, non profesionais, e consecuentemente sen ánimo de lucro.

Destínase a: Entidades deportivas federadas con sede social no Municipio de Santiago e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Finalidade: A finalidade desta convocatoria é financiar, en parte, os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas establecidas nos correspondentes calendarios oficiais das federacións autonómicas e nacionais.

Prazo: O prazo de solicitude é do 28 de agosto ao 16 de setembro de 2013

DEPORTES

Bases da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte federado. Ano 2012

Descrición: As bases da presente convocatoria teñen por finalidade a promoción das entidades deportivas locais de carácter federado, non mercantís, non profesionais, e consecuentemente sen ánimo de lucro. Non se considerarán aqueles equipos de calquera entidade que teñan un volume orzamentario de gastos superior a 300.000 €.

As solicitudes acompañadas da documentación complementaria poderán presentarse en calquera dos rexistros do Concello:
– Rexistro Xeral: r/ Presidente Salvador Allende, 4-baixo (Galeras).
– Rexistro Auxiliar do CERSIA empresa: Avda. do Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro).
– Rexistro Auxiliar do Ensanche: rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural).
Tamén poderán presentarse nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso será obrigatorio remitir ao Departamento de Deportes do Concello unha copia da solicitude presentada.

O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación da convocatoria no BOP.

Direccións relacionadas

DEPORTES

Convocatoria de Subvencións de Escolas Deportivas. Ano 2012

Descrición: Esta convocatoria ten por obxecto a promoción das actividades deportivas, de carácter formativo realizadas coordinadamente entre os centros educativos públicos e concertados de primaria do municipio de Santiago, e as entidades deportivas de carácter non mercantil, non profesional, e consecuentemente sen ánimo de lucro.

Destínase a: Poderán acceder a estas subvencións as entidades deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións que estean debidamente autorizadas para o desenvolvemento da escola deportiva pola Dirección do Centro de Ensino.

Finalidade: A finalidade que motiva a convocatoria é o de financiar en parte, os gastos derivados da realización das actividades da escola deportiva que terán carácter polideportivo (máis dunha actividade) e periódico que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 20 de xuño do ano 2012, de luns a venres.

Prazo de presentación: O prazo de solicitude é do 28 de xuño ao 12 de xullo

Direccións relacionadas

NADAL

Concursos de Beléns e Ambientación Navideña. Galerías dos participantes

Descrición: Tal como rexen as bases da convocatoria, expóñense as galerías dos participantes no I Concurso de Beléns e no I Concurso de Ambientación Navideña.


Seguintes »

Compartir: