Servizo de oficina técnica do proxecto SMARTiago en aplicación do convenio de colaboración entre o Ministerio de Economía e Industria e Competitividade (MEIC) e o Concello de Santiago de Compostela

Convocatorias mesas de contratación

APERTURA PUBLICA SOBRE NÚM 2

DIA: xoves 4 de abril de 2019
HORA: 9:00
LUGAR: Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
--------------------------------------------------------

---------------------------------------
PREGUNTAS E ACLARACIÓNS SOLICITADAS
--------------------------------------
PREGUNTA: Buenas tardes, la duda es la sgte.
El pliego indica estos perfiles, porcentaje de dedicación y horas a dedicar en el proyecto:

- Director Técnico, 60% dedicación, 1.080 horas
- Consultor Xestión 1, 80% dedicación, 1.440 horas
- Consultor Xestión 2, 80% dedicación, 1.440 horas
- Consultor Innovación 1, 80% dedicación, 1.440 horas
- Consultor Innovación 2, 80% dedicación, 1.440 horas
- Consultor TIC, 40% dedicación, 720 horas

Para cada uno de ellos , ¿estas son las horas totales a dedicar en la totalidad del proyecto, en sus 32 meses de duración?
Si es así, no entendemos el porcentaje de dedicación indicado, ya que parece calculado sobre 1.800 horas que serían las correspondientes a 12 meses, no a los 32 meses comentados para el proyecto.
Muchas gracias por su respuesta.

RESPOSTA: Os datos aos que se refire a consulta forman parte do informe económico, e deben entenderse polo tanto coma unha ferramenta utilizada polo Concello para determinar o orzamento máximo de licitación. Deste xeito, tanto os valores absolutos de número de horas e prezo unitario como a dedicación relativa entre os distintos perfís constitúen unicamente unha estimación a priori.

Efectivamente, o cálculo céntrase na carga de traballo estimada máis que na duración do contrato. Para isto estímase un número de horas totais dedicadas ao proxecto por cada perfil, entendendo que estas se distribuirán durante os 32 meses previstos no prego segundo as necesidades. E a porcentaxe indicada só reflicte como foi calculado este número de horas en proporción ao estándar de 1.800 horas.

Débese aclarar que, por todo o dito, estas cifras non constitúen unha esixencia para o licitador nin un compromiso para o Concello.

No propio informe económico se prevé que o licitador fará uso da súa solvencia técnica para levar a cabo o correcto dimensionamento do proxecto ao indicar que "A oferta final de cada provedor pode loxicamente variar, non só no importe total, senón tamén na ponderación de cada apartado, dependendo da solución proposta, do equipo de traballo deseñando e outros aspectos, en base ao seu coñecemento específico".
Ademais, no prego técnico queda claramente reflectido que o obxecto do contrato é a prestación dun servizo de oficina técnica para a consecución dos obxectivos do proxecto SMARTIAGO e o Convenio no que se apoia a licitación, e non a mera contratación dun número pechado de horas de traballo. En particular, no apartado "Equipo de traballo" indícase que "A empresa adxudicataria asignará ao proxecto o equipo de traballo necesario para a execución do obxecto do contrato cun nivel de calidade óptimo e, en todo caso, dando cumprimento aos requisitos establecidos neste prego"
--------------------

Número de expediente municipal

CON/31/2018 BIS

Estado de la contratación

Licitacion

Tipo de licitación

466.942,15 EUROS

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 12 DE MARZO DE 2019 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos de la publicación

Enviado DOUE 06/2/2018
Publicado PLACE 4/2/2018
Rectificación PLACE 6/2/2018

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas

Compartir: