Subministro e implantación dunha ampliación da infraestructura de servidores para a solución de administración electrónica do Concello de Santiago de Compostela - EDUSI

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 21-10-2019, ADXUDICOU o contrato para a "Suministración e implantación dunha ampliación da infraestrutura de servidores para a solución de administración electrónica" á empresa COREMAIN, S.L. por un importe de 119.799,65 €, IVE excluído.

Ós efectos do cumprimento do disposto no artigo 151 da LCSP, os informes técnicos valorativos das distintas proposicións presentadas á licitación, que desembocaron na adxudicación que se lle traslada mediante esta notificación, están á súa disposición no perfil municipal de contratante (www.santiagodecompostela.gal)

O que se lle comunica ós efectos oportunos, advertíndolle que o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrido en REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que o adoptou no prazo DUN MES a contar desde o día seguinte á recepción da presente notificación.

O acordo de adxudicación poderá ser obxecto do RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN; o procedemento de recurso iniciarase mediante escrito que deberá presentarse no prazo de QUINCE DIAS soltos contados a partir do seguinte a aquel no que se remita este acordo.

Non obstante, poderá interpor recurso ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de DOUS MESES desde o día seguinte á notificación deste acordo ou ben, desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou de SEIS MESES desde que este deba entenderse presuntamente desestimado.

Así mesmo, poderá interpor calquera outro recurso que estime oportuno.

Data de publicación da adxudicación na web: 7-11-2019

Número de expediente municipal

CON/50/2018

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

Cofinanciamento: O proxecto será financiado co cargo ás axudas da primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) para cofinanciamento mediante o Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, convocadas por orde HAP/2427/2015, concedidas segundo Resolución de 29 de setembro de 2016 da Secretaría de Estado de Presupuestos y Gastos, publicada no BOE 239 de 3 de outubro de 2016.

O importe do proxecto financiable, correspondente á liña de actuación OT2, é de 190.000 euros, sendo a taxa de cofinanciación do 80% (152.000,00 euros) e comprometéndose o asumir o Concello o 20% restante (38.000,00 euros). (I.V.E. engadido)

FINANCIAMENTO ……… EDUSI OT2 (80%) …...PROPIO (20%)
---------------------------------------------------------------------------
2019 .....................………..152.000,00 ............…..38.000,00
---------------------------------------------------------------------------
TOTAL.....................………..152.000,00 ............…..38.000,00

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 29/01/2019 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos de la publicación

Publicado na Plataforma de Contratación do Estado 14/01/2018

Publicado no perfil do contratante 14/01/2018

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas

Compartir: