Xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano e calesquera outras infraccións nos ámbitos de seguridade, mobilidade, medio ambiente e servizos comunitarios do Concello de

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 16/11/2018, adxudicou o contrato de "xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano e calesquera outras infraccións nos ámbitos de seguridade, mobilidade, medio ambiente e servizos comunitarios do Concello de Santiago de Compostela" a prol da empresa SERVICIOS DE COLABORACION INTEGRAL SL (CIF: B96067400), que oferta retribuirse cunha porcentaxe do 26,80% de todos os cobros realizados en período voluntario de pago, ao ser esta a máis vantaxosa das presentadas.

O contrato formalizouse en documento administrativo o 27-12-2018.

Número de ofertas presentadas: 6.

Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 28/11/2018

Número de expediente municipal

CON/67/2017

Estado de la contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

A. Orzamento de licitación.

En canto ó orzamento de licitación, a cantidade estimativa sen incluir o IVE que deberá soportar a Administración, fixase en 559.146 euros/ano.

O IVE correspondente do 21% do orzamento base anterior, ascende a 117.420’66 euros/ano.

Este importe é estimativo e calculouse sobre a base das porcentaxes máximas de licitación indicadas no apartado B deste artigo, quedando fixada definitivamente en función da porcentaxe resultante da oferta do adxudicatario.

Tanto nas proposicións dos licitadores coma no prezo de adxudicación do contrato entenderanse sempre incluídos, a tódolos efectos, as cotas correspondentes ós tributos de toda índole que graven os diversos conceptos e, en especial, o imposto sobre o valor engadido (IVE).

B. Tipo de licitación e retribución dos traballos:

A retribución deste contrato estará en función dos resultados concretos que se obteñan polas xestións e servizos realizados pola empresa adxudicataria, tomándose como índice os ingresos recadados por ela no período de pago voluntario. Todas as referencias á recadación incluidas na presente cláusula enténdese feitas á recadación neta, entendendo por recadación neta o importe total da recadación alcanzada minorada polo importe das devolucións de ingresos realizadas polo Concello de Santiago que sexan consecuencia de defectos na práctica da xestión, tramitación ou notificacións realizadas.

Establécese como un tipo máximo de licitación, admitindo outras posturas inferiores, o seguinte:

35% do importe de tódolos cobros realizados en período voluntario de pago (minoradas polas devolucións sinaladas no parágrafo anterior).

Data de presentación de propuestas

Ata as 14:00 horas do día 9 DE ABRIL DE 2018 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos de la publicación

Enviado DOUE 01/03/2018. Publicado: 06/03/2018.
BOP.- Publicado: 12/03/2018.
BOE.- Publicado: 02/04/2018.

Información y documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.org

Documentos relacionados

Compartir: