Subministro e implantación dunha solución de renovación de servidores e outro equipamento para o centro de proceso de datos do Concello de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 29 de maio de 2015, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do contrato para Subministro e implantación dunha solución de renovación de servidores e outro equipamento para o centro de proceso de datos do Concello de Santiago de Compostela á empresa TECNOCOM TELECOMUNICACIONES Y ENERGÍA SA, por un importe de 114.743,04 euros (IVE aparte 21%: 24.096,04 euros), ó ser a máis vantaxosa das presentadas.

Compromete, así mesmo, un incremento dun ano sobre o prazo mínimo de catro fixado no prego como de garantía dos bens a subministrar, un tempo máximo de resolución para incidencias críticas de catro horas, oito xornadas de formación técnica do persoal muncipal a maiores das dúas establecidas como mínimas e un prazo de execución do proxecto de setenta días.

O contrato formalizouse o 11-6-2015.

Número de ofertas presentadas: 2.

Data de publicación da adxudicación definitiva na web: 9-06-2015

Número de expediente municipal

CON/63/2014

Estado da contratación

Adxudicacion definitiva

Tipo de licitación

129.970,01 euros

Data límite de presentación de propostas

Ata as 14:00 horas do día 5 DE FEBREIRO DE 2015 no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela.
R/ Presidente Salvador Allende, 4
15705 Santiago de Compostela
TEL: 981 543 122 - Fax: 981 543 133

Datos da publicación

Publicado en BOP o 21/01/2015

Información e documentación

Sección municipal de Contratación
Rúa Salvador Allende, 6-8
15705 Santiago de Compostela
TEL : 981 543 033 - FAX : 981 542 304
Correo electrónico: contratacion@santiagodecompostela.gal

Direccións relacionadas

Compartir: