Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



TRÁFICO

Corte ao tráfico da estrada DP-7804, Val do Dubra-Santiago de Compostela

Desde o 13 de outubro ata o día 15 de marzo de 2021, queda cortada ao tráfico o vial DP 7804 no concello de Santiago, entre o punto quilométrico 18+900 e o punto quilométrico 20+400; por mor das obras do "Plan de inversións de Vías provincias 2017. Sexta Fase DP 7804 construción da ponte sobre o rego Gatofero.

MOBILIDADE

Cambios no tráfico na zona de Conxo

Debido aos traballos de acondicionamento do Camiño de Santiago que está realizando a Xunta, a partir do vindeiro mércores 28 de outubro vanse a realizar os seguintes cambios na circulación na zona de Conxo:

- O Campo de Conxo, que dá acceso á Igrexa, vai quedar nun só sentido de circulación (de entrada dende a rotonda da SC-20) e rematará nunha rotonda que se creará á altura da empresa Televés. A partir de aquí volverá a ser unha rúa de dobre sentido de circulación.

- Todas as rúas que desembocan na rúa Benéfica de Conxo sairán cara a esta nova rotonda: a rúa da Fervenza, á esquerda, e tanto a travesa de Conxo como a rúa de Conxo de Abaixo, cara á dereita.

Os traballos teñen unha duración estimada de 2 meses.

Cambios no transporte urbano
As liñas que circulan pola zona terán que realizar desvíos a partir das 8:30 do mércores.

- Desde a rotonda de Conxo cara ao Campo e a Benéfica de Conxo, os autobuses poderán circular con normalidade.

- Desde a Benéfica de Conxo cara á rotonda de Conxo, as liñas 5 en sentido Vite, 12 e C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido na rotonda de nova creación, voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itineario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

- Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte na rúa do Vilar

Este martes, 27 de outubro, a rúa do Vilar vai quedar cortada á circulación á altura do número 17, dende as 10,30 ás 17,00 horas, por mor dunha reparación da tubaxe de auga por parte de Viaqua.

O Concello de Santiago prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Orde do día da Xunta de Goberno Local prevista para o 26 de outubro de 2020

Aqui podes descargar a orde do día da Xunta de Goberno Local prevista para o luns, 26 de outubro, ás 10:00 h.

Direccións relacionadas

MOBILIDADE

Ampliación zona 7 e inclusión Puente Castro no réxime xeral zona azul ORA

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá comunica o seguinte:

- Amplíase a zona 7 de aparcamento para residentes de San Lourenzo á rúa Salvador Allende.

- Inclúese a praza Puente Castro no réxime xeral zona azul ORA

Os veciños e veciñas das devanditas rúas que cumpran cos requisitos esixidos na Ordenanza poden solicitar no rexistro do Concello, PREVIA CITA, a tarxeta correspondente.

O aparcamento para residentes nas rúas de nova incorporación á zona 7 (a mencionada Salvador Allende e Hortas, Calzada do Carme de Abaixo, Travesa do Carme de Abaixo, rúa do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Galeras e Entregaleras, incluídas o pasado 10 de agosto) comezará a controlarse, coa imposición das multas pertinentes, a partir do 16 de novembro.


Compartir: