Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



XUNTA DE GOBERNO

Orde do día da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local prevista para o luns 27 de xaneiro

Adxúntase convocatoria e orde do día da sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local prevista para o luns 27 de xaneiro.

Direccións relacionadas

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Abono da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio (do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro)

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa da apertura do prazo, entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro, para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2020 das tarxetas de residente por razón de municipio.

O prezo é de 50 euros e o abono efectuarase en TUSSA, na Estación de Autobuses, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00 horas. Será necesaria a presentación do DNI do propietario do vehículo.

A partir da data límite, todas aquelas tarxetas que non tiveran pagado a correspondente taxa serán anuladas.

Compartir: