Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 17/01/2019 ata as 08:00 horas do día 18/01/2019
08:30 LOCALIZACIÓN DUNHA BOMBONA DE BUTANO: Na rotonda de acceso á AP-9, fóra da calzada, sendo retirada.
09:00 CONTROL DE ACCESO O MERCADIÑO: Controlándose a entrada de 33 vehículos.
12:56 LÍQUIDO ESVARADÍO NA VÍA PÚBLICA: Nas rúas Faraday, As Mulas, Xosé Vilar Ponte, La Cierva e Pasteur (polígono do Tambre). Limpada a calzada polos Bombeiros.
13:30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rúa do Medio, entre dous vehículos, con danos materiais. Dilixencias.
13:30 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rúa Escultor Camilo Otero, entre dous vehículos, con danos materiais. Dilixencias.
21:10 INCENDIO: Na rúa Muros, nunha caseta a carón dun inmoble. Acoden os Bombeiros.
- EDUCACIÓN VIARIA: Impártese módulo formativo a alumnado de 1º de Bacharelato do Colexio Peleteiro.
- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: De seis persoas (arresto domiciliario).
- CONTROL DE LOCAIS: Inspecciónase un local.
FESTAS EN PISOS: Acódese a dous pisos no Ensanche.

CONVIVENCIA

Control do bo uso das novas zonas de estacionamento para residentes en Vista Alegre

A Concellaría de Convivencia comunica que, a partires do 1 de febreiro, a Policía Local comezará a controlar o bo uso das novas zonas de estacionamento de residentes da zona 8 (Pelamios – Vista Alegre), polo que sancionará aqueles vehículos que se atopen aparcados fóra dos espazos reservados para iso ou carecendo do distintivo correspondente (tarxeta de residente) que lles habilita para facelo nas zonas verdes delimitadas no ámbito.

MOBILIDADE

Servizos de transporte urbano para asistir ao partido de baloncesto no Multiúsos Fontes do Sar (domingo 20 de xaneiro)

Servizos de transporte urbano para asistir ao partido do Monbus Obradoiro do domingo 20 de xaneiro ás 17:00 horas:

- Haberá un servizo lanzadeira dende o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o Multiúsos Fontes do Sar a partir das 16:00 h. Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).

- A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao Multiúsos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 16:05, 16:25 e 16:45 h. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

CONVIVENCIA

Apertura do prazo para o pagamento da taxa anual das tarxetas de estacionamento de residentes por razón de municipio

A Concellaría de Convivencia comunica a apertura do prazo, entre o 7 de xaneiro e o 15 de febreiro, para o abono da taxa anual correspondente ao ano 2019 das tarxetas de residente por razón de municipio. O prezo é de 50 euros e o abono efectuarase en TUSSA, na Estación de Autobuses, en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 horas. Será necesaria a presentación do DNI do propietario do vehículo.

A partir da data límite, todas aquelas tarxetas que non tiveran pagado a correspondente taxa serán anuladas.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Frei Rosendo Salvado e modificacións no transporte urbano

Con motivo de obras na rede de saneamento, a partir das 8:30 horas do luns 14 de xaneiro e durante un período aproximado dun mes, quedará cortado ao tráfico o tramo da rúa de Frei Rosendo Salvado comprendido entre as rúas de Ramón Cabanillas e de Santiago de Chile.

Unicamente poderán acceder a este tramo os/as usuarios/as dos garaxes. Queda tamén suprimida a carga e descarga neste tramo, polo que os vehículos deberán utilizar as zonas de carga e descarga máis próximas.

Desvío da liña 5 do transporte urbano
Debido a este corte, a liña 5 do transporte urbano, sentido A Rocha, desviarase por Doutor Teixeiro, A Rosa e Santiago de Chile, retomando o seu itinerario habitual na rúa de Frei Rosendo Salvado.

Quedarán suprimidas as paradas: 433, República do Salvador, e 263, Frei Rosendo Salvado. Durante o desvío, os autobuses realizarán dúas paradas alternativas a demanda de usuarios: rúa da Rosa e rúa de Santiago de Chile (cruce con Frei Rosendo Salvado).

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Modificación da parada do transporte urbano situada na vía La Cierva (Polígono do Tambre)

A partir do xoves 10 de xaneiro, por cambios no tráfico no cruce entre vía La Cierva e vía Nóbel, no Polígono do Tambre, a parada da liña P6 na vía La Cierva realizarase a uns 50 metros, en sentido á seguinte rotonda coa vía Pasteur.

CONVIVENCIA, MOBILIDADE E OBRAS

Ordenación do tráfico con motivo da primeira fase das obras de reurbanización das rúas de Castrón Douro e de Patio de Madres

O luns 20 de agosto comezarán as obras de reurbanización das rúas de Castrón Douro e de Patio de Madres, consistentes na renovación de calzada e beirarrúas, xunto coa substitución das redes de saneamento e abastecemento de auga. Os traballos realizaranse en tres fases, sendo o primeiro tramo a executar o comprendido entre as rúas de Curros Enriquez e de Pitelos.

Como consecuencia desta primeira fase haberá os seguintes cambios na circulación:

- Este primeiro tramo en obras queda cortado ao tráfico, eliminándose o aparcamento e permitíndose só o acceso a garaxes.

- A ruela de Pisón córtase á circulación. Só accederán os/as usuarios/as dos garaxes existentes, entrando e saíndo pola rúa do Pexigo de Arriba.

- A rúa do Pexigo de Arriba queda toda dunha soa dirección, sentido baixada cara a praza de Marcial Villamor Varela. Só poderán circular por ela os residentes da zona.

- Invértese a rúa de Patio de Madres dende a rúa de García Blanco, quedando de saída cara a rúa da Fonte de Santo Antonio.

Desvío da liña 7 do transporte urbano
Estes cortes afectarán á liña 7 do transporte urbano, que baixaba por Patio de Madres en sentido Aríns e Fornás. Así, mentres duren as obras, os autobuses desta liña, con saída da rúa de Valle-Inclán, farán o seu percorrido habitual ata a parada da praza de Galicia, dende onde se desviarán por Doutor Teixeiro, rúa do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro e Curros Enríquez, para continuar o percorrido habitual polo barrio de Sar.

Quedará suprimida a parada da rúa de Patio de Madres. Os usuarios desta parada poden dirixirse á parada próxima da rúa Fonte de Santo Antonio nº 3. A parada situada na rúa Castrón Douro, cruce con Curros Enríquez, realizarase no mesmo cruce pero na rúa de Curros Enríquez, por onde ven o autobús desviado.

Este desvío realizarase ata o final completo das obras.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

CONVIVENCIA

Corte de tráfico na rúa de Triacastela

O venres 21 de setembro comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela, cunha duración prevista de seis meses. Por este motivo, a rúa quedará pechada ao tráfico e unicamente se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes.

Tamén estará prohibido o estacionamento, tanto na rúa como na parcela adxacente.

Estas prohibicións de acceso e de estacionamento estarán debidamente sinalizadas na entrada á rúa de Triacastela dende a avenida de Lugo.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

TECNOLOXÍA

Servizo de atención gratuíto con motivo do despregamento do 4G móbil na banda de 800 MHz e da súa afectación á TDT

Os servizos móbiles de nova xeración LTE sobre a banda de frecuencias de 800 MHz dos principais operadores móbiles que prestan servizos no territorio nacional, comercialmente denominados como 4G, están sendo implantados en Santiago de Compostela. Esta tecnoloxía, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer mellores prestacións sobre esta tecnoloxía.

A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode implicar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal da TDT. Por iso, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo estableceu un procedemento de actuación para solucionar de xeito gratuíto este tipo de problemas.

En caso de producirse estas afectacións, os/as cidadáns/ás teñen á súa disposición un teléfono de atención gratuíto, 900 833 999, e unha páxina web, www.llega800.es, medios a través dos cales se poderán solicitar as actuacións para que o servizo de TDT poida restablecerse con total normalidade.

Direcciones relacionadas

Compartir: