CONCELLARÍA DE POLÍTICAS SOCIAIS, DIVERSIDADES, SAÚDE E CENTROS CIVICOS

Resolución definitiva da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi. Ano 2018

De conformidade co acordo da Xunta de Goberno Local de data 2 de novembro de 2018, publícase a resolución definitiva da convocatoria de concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo adaptado as persoas con déficits de mobilidade e que non poden ou presentan graves dificultades para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago para o ano 2018.

Data de publicación: 9/11/2018

Direcciones relacionadas

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN

Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, canon da auga, saneamento e depuración de augas residuais, e recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos

Exposición pública do padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, canon da auga, saneamento e depuración de augas residuais, e recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos.

O citado padrón estará a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Documentos relacionados

REHABILITACIÓN E VIVENDA

Convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios en diferentes ámbitos e de Mobilización de Vivenda Baleira

Por acordo de Xunta de Goberno Local de data 14 de setembro de 2018 convocanse subvencións para a rehabilitación de edificios no ámbito do ARRU do barrio de Vite, barrio de Vista Alegre, del Casco Histórico e de grupos de viviendas "Compostela y Cardenal Quiroga Palacios" del barrio de Pontepedriña de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación que se especifica nesta convocatoria será de 1 mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP da Coruña de 19/10/2018).

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Resolución da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade entre mulleres e homes e das persoas do colectivo (LGTBOI) e de prevención e loita contra as violencias machistas. Ano 2018

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 11 de outubro de 2018, acordou a resolución da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual (LGTBOI) e de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2018.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas

TRÁFICO

Procedementos de resolución de recursos e sancións en materia de tráfico

Publicación no BOE de varios procedementos de resolución de recursos e sancións en materia de tráfico.

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN

Exposición pública do padrón do IAE e inicio do período voluntario de cobranza do exercicio 2018

Configurado pola Tesourería o padrón do imposto sobre actividades económicas do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estarán a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 20 de setembro e o 20 de novembro de 2018.

Documentos relacionados

EDUCACIÓN

Obradoiros nas escolas infantís municipais. Curso 2018-19

Obradoiros para o curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

As persoas interesadas terán que cubrir e presentar o impreso de solicitude no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo),ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación da solicitude ábrese o día 3 de setembro de 2018. As admisións das solicitudes presentadas polas persoas interesadas, realizarase por rigurosa orde de entrada nos rexistros, referidos con anterioridade. Esta orde de entrada (en canto ao día e hora de presentación) determinará a confección da listaxe de persoas admitidas e excluídas neste procedemento, en atención as prazas dispoñibles, e referidas con anterioridade, en cada Escola Infantil Municipal.

Direcciones relacionadas

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018

Publicación da convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas


Compartir: