Premio Literario Anxel Casal

Descrición

O Concello de Santiago, atendendo á proposta expresada polo IES Arcebispo Xelmírez I con motivo da celebración do 150º Aniversario da súa fundación, creou no ano 1996 o Premio Literario Ánxel Casal, nas modalidades de poesía, teatro e conto.
A denominación de "Ánxel Casal" para este certame literario provén do recoñecemento a este insigne galeguista, que foi tamén alcalde da cidade de Santiago. Esta iniciativa quere expresar o desexo de que os estudantes coñezan e valoren a súa achega á cultura galega e quere ser unha actividade de promoción da lingua galega no constante e necesario proceso de normalización lingüística.
O Concello de Santiago convoca este premio e comparte a súa organización cada ano cun centro de ensino secundario da cidade, atendendo a un desexo de itinerancia na coorganización do mesmo.

Dirixido a

Poderán concorrer a este premio literario, alumnos e alumnas de ensino non universitario a partir dos 14 anos.

Requirimentos

As obras, escritas en lingua galega, serán inéditas e o tema libre. Os traballos terán un mínimo de 100 versos, na modalidade de poesía e un mínimo de 10 páxinas a dobre espazo, na modalidae de conto e na de teatro.
Os traballos presentados ao premio non levarán nome do autor ou autora, senón que serán asinados con pseudónimo.
Cada traballo presentado levará adxunto un sobre pechado no que, por fóra, deberá figurar o título do conto, da poesía, ou da peza teatral e por dentro, o nome completo do autor/a, enderezo, idade, teléfono, centro no que estuda, título do conto, poesía ou texto teatral e pseudónimo utilizado. Achegarase unha copia do traballo nun CD, formato RTF, acompañando á copia do traballo en papel.

Solicítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios



Compartir: