Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
| Descrición | O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e a Fundacion La Caixa de Barcelona asinaron un Convenio de colaboración para a posta en marcha do programa "Cibercaixa. Quedamos ao saír de clase", co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, dar apoio aos nenos e nenas no seu proceso de socialización e maduración nun entorno de educación non formal, traballar na prevención de condutas desadaptativas, asi como a creación de espazos de relación e comunicación a través da dinamización educativa en horarios extraescolares. A CIBERCAIXA consta de tres espazos integrados: A) ESPAZO DE INFORMÁTICA: zona equipada con ordenadores onde os participantes podan relacionarse a través destes recursos informáticos.. B) ESPAZO DE LECTURA E AUDIOVISUAIS: zona equipada con libros, películas, documentais, DVDs e equipos audiovisuais ao alcance de todos os usuarios da CiberCaixa. C) ESPAZO INFANTIL: zona equipada con mobiliario e recursos específicos para os máis pequenos. Neste espazo, os nenos e nenas teñen ao seu alcance, material pedagóxico, programas educativos e actividades dirixidas. |
| Dirixido a | DESTINATARIOS: nenos e nenas de 3 a 12 anos. |
| Requirimentos | REQUISITOS: •Incompatibilidade do horario laboral dos pais e nais / titores co coidado dos seus fillos/as. •Nenos e nenas que permanecen moito tempo sen adultos coidadores. •Nenos e nenas, con informe dos Servizos Sociais. |
| Notas para o cidadán | MÁIS INFORMACIÓN: Departamento de Educación do concello de Santiago de Compostela Tel:981 55 44 00 Fax: 981 57 15 11 dptoeducacion@santiagodecomposteñla.org www.santiagodecompostela.org |
| Solicítase en | Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401 Correo: Contactar co Concello Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. |
| Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado. |
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.