| Descrición | 0 Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os "Premios Educacompostela", co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir públicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. |
| Dirixido a | Poderán participar individualmente ou en grupo, quen teña producido materiais didácticos sobre os temas relacionados. Os materiais didácticos poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino e poderán tratar sobre aqueles temas que o profesorado considere oportuno abordar no desenvolvemento do currículo nos seus centros educativos, ben sexa en Educación Infantl, Primaria ou Secundaria. Así mesmo tamén se poderán presentar materiais elaborados e destinados para o contexto non formal e informal. |
| Requirimentos | Os materiais presentados deberán ser orixinais e inéditos. Deberán estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que tiveran sido premiados con anterioridade. Cada material ou conxunto de materiais deberá ir acompañado dun texto explicativo dun máximo de 15 páxinas que dea conta das súas características, da estructura do mesmo, obxectivos, destinatarios/as, integración no currículo, proceso de elaboración, experimentación e avaliación seguido. |
| Notas para o cidadán | Os orixinais para optar aos premios deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela entre o 27 de marzo e o 30 de xuño de 2009. No sobre exterior farase constar: Concello de Santiago de Compostela Departamento de Educación "7ª Edición dos Premios Educacompostela" Rúa do Presidente Salvador Allende núm. 4 15705 Santiago de Compostela Para máis información debe dirixirse a: Departamento de Educación Tfno: 981 55 44 00 dptoeducacion@santiagodecompostela.org www.santiagodecompostela.org |
| Solicítase en | Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401 Correo: Contactar co Concello Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. |
| Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado. |
Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.