Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Casa do Concello » Servizos municipais

Unidade municipal de drogodependencias (UMAD)

Unidade Municipal de Drogodependencias (UMAD)

Rúa Poeta Manuel María, 8 (Salgueiriños)
Tel.: 981 528 787 // Fax: 981 528 780
Contactar co Concello
Web: www.santiagodecompostela.org/umad/

Horario: De luns a venres de 8:00 a 15:00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Laboratorio: De luns a venres de 8:00 a 15:00 e de 16:00 a 18:45 horas.
Sábados e domingos de 10:00 a 11.45 horas.





A UMAD é un servizo de tratamento ambulatorio que desenvolve actividades terapéuticas en materia de drogodependencias.

Realiza programas dirixidos a todas as persoas que refiran problemas de consumo e/ou adicción ás drogas ou que teñan familiares nese colectivo: programa de orientación e acollida, programa libre de drogas, programa de mantemento con naltrexona ou metadona, programa de reinserción...

Consta de dous recursos:

  • Un ambulatorio que desenvolve actividades terapéuticas en materias de drogodependencias (unidade asistencial).
  • Un recurso terapéutico intermedio entre unha unidade asistencial de drogodependencias e unha comunidade terapéutica (unidade de día).

Realiza os seguintes programas dirixidos a todas as persoas que refiran problemas de consumo e/ou adicción ás drogas, ou que teñan familias nese colectivo:

  • Programa de información, orientación e acollida (POA).
  • Programa de tratamento libre de drogas (PTLD).
  • Programa de tratamento con derivados opiáceos (PTDO).
  • Programa de tratamento con interdictores de alcohol (PTIA).
  • Programa de tratamento para dependencia a psicoestimulantes (PTDP).

E os seguintes subprogramas:

  • Subprograma de tratamento de desintoxicación STD.
  • Subprograma de disminución do dano STDD.
  • Subprograma de tratamento de prevención de recaídas.

Ademais de dispon dun Plan de prevención e inserción de drogodependencias baseado na diminución dos factores de risco que contribúen a conductas de uso, abuso e dependencia das drogas tanto legais como ilegais, e no aumento e promoción dos factores de protección que axudan a previr ditas conductas nos ámbitos: escolar, familiar e comunitario.

Programas de prevención universais:

No ámbito escolar:

1.- Cinensino consiste na proxección de tres filmes durante o curso escolar, desenvolvéndose posteriormente na aula actividades relacionadas con contidos dos filmes, recollidas nas unidades didácticas para o alumnado e o profesorado.
2.- Adestramento en habilidades sociais con adolescentes.
3.- Materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas.
4.- Formación para o profesorado. O profesorado de ESO pode participar ademais nun curso a través de internet sobre a prevención das drogodependencias.
5.- Programa de prevención VIH/sida taller de sexo máis seguro para adolescentes.
6.- Programa de prevención selectiva "¿Pasa algo?", "¿Non pasa nada?", dirixido a adolescentes de 4º de ESO de Bacharelato.

No ámbito familiar:

1.- Programa de prevención universal "pais e nais para a educación".
2.- Programa de prevención universal "obradoiro de resolución de conflictos entre pais e fillos adolescentes".
3.- Prevención indicada de drogodependencias con adolescentes en situación de risco.

No ámbito comunitario:

1.- Campaña de prevención universal do alcoholismo xuvenil, de información e sensibilización "punto e coma".
2.- Programa de prevención de drogodependencias: VIH/sida e enfermidades de transmisión sexual con nenos e rapaces da comunidade xitana, Kamelamos Guinar (Queremos contar).

Servizos de igualdade e benestar social


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal