No departamento de Tráfico proxéctase a ordenación da circulación na cidade, mediante o establecemento e mantemento da sinalización horizontal e vertical, da rede semafórica, do control do aparcamento de superficie, acceso restrinxido á zona monumental, mantemento e instalación de bolardos, entre outras.

Tramita as solicitudes de tarxetas de discapacitados, aparcamento para residentes, acceso á zona monumental, transporte...

A oficina de xestión de multas, sita en Galeras, 13- baixo, teléfono 981 582847, encárgase da tramitación dos expedientes por infraccións de tráfico.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Trámites



Compartir: