Goretti Sanmartín Rei


Veciña do barrio de Sar. Alcaldesa de Santiago de Compostela desde 2023. Foi vicepresidenta da Deputación da Coruña, portavoz municipal e concelleira en Santiago de Compostela. É coordinadora da Executiva nacional do BNG.
 
Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora universitaria. Impartiu docencia, entre outros centros, no Instituto de Idiomas da Universidade e no Instituto Eduardo Pondal. Tamén publicou libros de ensaio e participou en numerosas obras colectivas.
 
Como feminista, participou nos Grupos de mulleres da Universidade e foi impulsora da Marcha Mundial das Mulleres, ademais de colaborar en numerosas iniciativas e publicacións a favor da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Dirixe un club de lectura con antigas alumnas do IV Ciclo da USC.
Compartir: