Concelleiro responsable de Centros Socioculturais, Barrios, Obras e Relacións Veciñais (zona urbana), con competencias na Rede de Centros Socioculturais, na Brigada de Vías e Obras e en Relacións Veciñais (zona urbana).
Funcionario do Consello de Contas de Galicia, é diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola Universidade da Coruña.
Oficinas Centrais e Administración da Concellería de Centros Socioculturais
Centro Sociocultural O Ensanche, Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 543 001 / Fax: 981 543 002
Web: www.santiagosociocultural.org
Brigada de Vías e Obras
Polígono do Tambre. Vía Pasteur, 14.
Tel.: 619 811 971
Obras e Proxectos
Praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (Estación de Autobuses)
Tel.: 981 542 422
Relacións Veciñais
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 (antiga estación de Cornes)
Tel.: 981 542 350

Centros Socioculturais
Santiago de Compostela conta con máis de 40 centros socioculturais distribuídos entre os diversos barrios que conforman o municipio. O gran número de centros e a súa distribución territorial responden a un interese pola deslocalización que permite que se dea unha maior multiplicidade da oferta cultural do concello e que estas iniciativas cheguen ao tempo a un maior número de persoas sen que requira o desprazamento fóra do seu ámbito espacial cotiá.
Os Centros Socioculturais constitúen o complemento perfecto para a programación de gran formato que ten lugar noutras áreas e permite que a oferta formativa, cultural e de lecer do Concello se achegue ao cidadán.
Ademais de contar cunha programación estable de exposicións, conferencias, ciclos formativos e audiovisuais, cursos, etc, a Rede de Centros Socioculturais de Compostela compleméntase coa Rede de Bibliotecas Municipais.

O Concello quere dar resposta á transversalidade que en esencia ten a democracia participativa. Entre as funcións deste departamento está velar polo correcto funcionamento das canles de participación establecidas regulamentariamente e polas axeitadas relacións entre os órganos de participación cidadá e o Concello.
Trata de garantir a participación e a decisión da veciñanza na xestión dos asuntos do Concello, dende un enfoque de equidade, solidariedade, cooperación e inclusión social. Así, canaliza as peticións e consultas da cidadanía e dos colectivos e entidades, rexistrando as súas peticións, queixas, suxestións, iniciativas e propostas, realizando igualmente os trámites administrativos necesarios. É o departamento encargado de habilitar as diversas fórmulas para dinamizar a participación da cidadanía.

Dende esta área diríxese tamén a Brigada de Vías e Obras, encargada de labores como a reparación e reconstrución de beirarrúas, a reparación e pavimentación de rúas, a roza de maleza en pistas municipais, o mantemento de edificios municipais e outras execucións subsidiarias.
Proxectos e Obras
Este Departamento tamén se encarga de elaborar proxectos de mantemento e conservación de vieiros, da apertura de novas rúas, da construción das redes de infraestruturas de titularidade municipal. Ocúpase da autorización de obras e as súas funcións vincúlanse estreitamente coa dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.
Servizos
Centros Socioculturais
Proxección e Planificación
Participación Cidadá
Brigada Municipal de Vías e Obras
Noticias
- Ábrese á circulación a rúa Clara Campoamor 16/10/2020
- A concellaría de Obras destinou, no que levamos de ano, máis de 500.000 euros á conservación, mantemento e reparación de pavimentos na zona urbana 09/09/2020
- "Vive o verán" programa unha observación astronómica dende a terraza do CSC da Trisca 23/07/2020