Concelleiro responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021, con competencias en Turismo, Incolsa, Cooperación, Dereitos Cidadáns e Padrón de Habitantes. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde.
Naceu en Forcarei e trasladouse de neno a Compostela. Aquí estudou, ata doutorarse en Dereito. É profesor e decano da Facultade de Dereito da USC. Compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.
Relacións Públicas e Protocolo
Praza do Obradoiro, 1-1º andar
Tel.: 981 542 357
Oficina central de información turística municipal
Rúa do Vilar, 63
Tel.: +34 981 555 129
Fax: 981 584 748
Abierta todo o ano
Inverno: todos os días de 9 a 14 e de 16 a 19 horas
Semana Santa e do 1 de xuño ao 30 setembro: todos os días de 9 a 21 horas.
info@santiagoturismo.com
Web: www.santiagoturismo.com
Atención á Cidadanía
Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128

Relacións institucionais
Representación municipal nas relacións con outras administracións, así como naqueles eventos ou actos institucionais nos que a cidade participa.
Turismo
O Concello aposta polo turismo como principal motor económico do Concello, pero cun crecemento planificado e controlado. turismo en Santiago. Neste sentido, traballa para crear una oferta turística de calidade, baseada na autenticidade de Santiago como concello vivo, patrimonial , cultural e hospitalario, no que a cultura e o medio ambiente son os eixes transversais fundamentais para definir un desenvolvemento turístico auténtico e sostible a longo prazo. Ademais, deséñanse políticas coordenadas para entre o turismo e o resto de áreas municipais, considerando a potencialidade deste sector na xeración de emprego.
A acción municipal en materia turística baséase nos principios de transparencia, participación, accesibilidade, transversalidade, desestacionalización, descentralización e diversidade. Deféndese un modelo que prioriza a calidade fronte á cantidade, o apoio ás pequenas iniciativas turísticas, a perspectiva humana do turismo, a accesibilidade universal, o aproveitamento do patrimonio autóctono, a dinamización da cidade monumental, a consolidación da imaxe de Santiago como concello verde e a penalización da especulación de prezos.
Para atender estas necesidades, a Concellaría xestiona un Plan de Excelencia Turística e conta cunha empresa municipal, Incolsa, dedicada especificamente á promoción turística da cidade. Esta ten a función de posicionar a cidade nos diferentes mercados turísticos especializados, así como a posta en marcha de programas de diversificación e desestacionalización.

É a canle máis directa para que a cidadanía poida acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos. Entre as súas funcións atópanse: orientación e información, entrega de instancias, tramitación de incidencias da cidadanía, xestión da información administrativa municipal, tramitación ou a tramitación de queixas e suxestións.
Servizos
Relacións Públicas e Protocolo
Padrón Municipal de Habitantes
Turismo
Atención á Cidadanía
Turismo de Santiago-Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)
Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)
Noticias
- Os Xenerais da Ulla celebran o Entroido a través de Internet 12/02/2021
- Santiago será escenario dun ambicioso proxecto de mobilidade aérea de vehículos 06/02/2021
- Varias cidades españolas, entre elas Santiago de Compostela, impulsan unha asociación para a cocreación de contidos turísticos culturais 04/02/2021